martes, 21 de junio de 2016

CANDELICIA

Candelicia é un sentimento. Primeiramente unha mirada ao noso interior e ao que nos rodea, para depois poder mirar e achegarnos a outras culturas e persoas. Tan lonxe e tan preto á vez, pois este proxecto pon de manifesto que no fondo as cousas importantes e as que nos fan felices, case sempre son as mesmas.

(Galería fotográfica en construción. Polo momento pódese acceder ás fotos a través da app instagram e a conta "Candeliciart")

Especial agradecemento a Alana Murinelly que nos visitou no mes de abril e con ela demos inicio a este precioso proxecto.